Xeografías míticas

IRIA FLAVIA-PADRÓN
Porto fluvial ao que chegaron os discipulos Atanasio e Teodoro co corpo do apóstolo Santiago.

DSC_2758

IGREXA DE SANTIAGO DE PADRÓN
Templo no que se atopa, baixo o altar maior, o pedrón ao que os discípulos de Santigo ataron a barca cos restos do apóstolo á súa chegada a Galicia. Trátase, en realidade, duna ara romana dedicada ao deus do mar Neptuno.

O PEDRÓN

SANTIAGUIÑO DO MONTE
Lugar onde, segundo a tradición, predicou por primeira vez o apóstolo Santiago en terras galega. Destacan no lugar o conxunto de pendedos cristianizados cun cruceiro e imaxe de santiago, a capela, a casa do ermitán e a fonte baixo o templo.

DSC_1043

FONTE DO CARME
Nela represéntase a traslatio do apóstolo en barca dende Terra Santa a Galicia. Na parte superior pódese ver a Santiago bautizando á Raíña Lupa.

FONTE DO CARME CO BAUTISMO DA RAÍÑA LUPA E A TRASLACIÓN DO APÓSTOLO

PONTE NICRARIA – A PONTENOVA
Ponte sobre o río Tambre (no concello de Rois) destruída milagrosamente cando os discípulos fuxían das tropas do rei de Duio.

Captura de pantalla 2017-12-15 a las 12.59.32

PRAIA LANGOSTEIRA
En castigo ao rei de Duio por ter apresado a Atanasio e Teodoro, Deus asolaga á cidade de Duio, cuxas ruínas, segundo a tradición, sitúanse baixo os areais e as augas da praia de Langosteira, en Fisterra.

Captura de pantalla 2017-12-15 a las 13.01.20

ERMIDA DE SAN GUILLERME
Esta ermida, asociada dende antigo ao culto xacobeo e ao final do camiño, foi, segundo algunhas lendas, construída polo mesmísimo Santiago.

CAPELA E CAMA DE SAN GUILLERME EN FISTERRA

LAGOA DE XALFAS
Baixo a lagoa de Xalfas, no concello de Muros, contan as lendas que se atopa unha cidade asolagada. A súa proximidade a Fisterra fai que poda estar relacionada co mito da cidade afundida de Duio.

IMG_20170530_124201

CASTRO LUPARIO
Castro situado entre os concellos de Teo, Brión e Rois onde a tradición sitúa o pazo da Raíña Lupa.

MURALLA CASTRO LUPARIO

MONTE LOBEIRA
Situado no concello de Vilagarcía, o monte Lobeira e o seu castro é outro dos candidatos a albergar o mítico castelo de Lupa segundo algúns relatos.

IMG_0419

CASTRO DE MALLOU E O TRONO DA RAÍÑA LUPA
O castro de Mallou, no concello de Carnota, é outro deses castros que as lendas relacionan co fogar da raíña Lupa. Na croa do castro, e sobre a muralla, localízase un penedo adobiado de pías naturais que a tradición identifica co trono da Raíña Lupa.

CASTRO DE MALLOU

PICO SACRO
Montaña coñecida como Monte Illicino onde a Raíña Lupa manda aos discípulos Atanasio e Teodoro na procura duns bois e un carro para transportar o corpo do Apóstolo. É neste Monte Ilicino, onde se produce o milagre de amansar os touros bravos e onde ten lugar o enfrontamento cun temible dragón que habita nas covas desta montaña de Boqueixón.

DSC_1328

FONTE DE LUPA
Na Fonte de Lupa en San Pedro de Vilanova de Vedra, existe un epígrafe que narra os feitos da lenda da raíña Lupa,en concreto o episodio da traslatio e o paso dos discípulos polo Pico Sacro.

IMG_20170808_195727

A RÚA DA RAÍÑA LUPA
Fenda no dique de seixo que conforma o cumio do Pico Sacro. A súa orixe atribúese a dous xigantes que loitando entre eles golpearon o cimo da montaña coas súas espadas.

RÚA DA RAÍÑA LUPA, PICO SACRO

OS BURATOS DOS MOUROS
Covas do Pico Sacro, acubillo de tesouros dos mouros, gorida dun temible dragón ao que se enfrontaron os discípulos do apóstolo e, segundo as lendas, entradas ao pazo subterráneo da Raíña Lupa.

BURATO DOS MOUROS, COVA DO PICO SACRO

O CASTELO DE TORÉS
O castelo de Torés sitúase no concello de As Nogais (Lugo). Segundo a tradición, foi construído pola Raíá Lupa unha vez convertida ao cristianismo. O seu nome foi posto en homenaxe aos touros mansos que transportaron o corpo do Apóstolo ata a súa tumba.

Castelo Torés1

O PENEDO DA RAÍÑA LOBA
O Penedo da Raíña Loba atópase na parroquia de Covas, no concello de Os Blancos (Ourense). Sobre estes outeiros graníticos, erixiuse nos séculos XIII-XIV un castelo rochedo. Segundo a tradición, sería neste antigo castelo situado no alto do Penedo da Raíña Loba onde habitaría Lupa. Foi aquí onde o pobo se ergue en armas contra ela e acabaría morrendo.

Captura de pantalla 2017-12-11 a las 17.19.07

O MONTE PINDO
Monte sagrado da mitoloxía galaica situado no concello de Carnota. As lendas localizan nesta montaña a tumba da Raíña Lupa que, ademais do seu corpo, gardaría grandes tesouros.

VLUU L100, M100 / Samsung L100, M100

O CAMPO DA RAÍÑA LUPA E A SÚA TUMBA
Chaira ao pé da Moa do Pindo onde as lendas sitúan unha das tumbas da Raíña Lupa.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O CASTELO DE SAN XURXO E A TUMBA DE LUPA
Nas ruínas do castelo de San Xurxo ou O Pedrullo, na aba oeste do Monte Pindo, sitúase outra das posibles tumbas de Lupa. A lenda día que baixo a solaina da porta dos castelo xace o corpo da raíña rodeada de tesouros.

IMG_20170723_190334

O PAZO DE OCA
Pazo de Oca, na Estrada. A familia dos Neira, propietaria no seu día deste famoso pazo galego, sería a responsable de transformar, a partir do século XVI, a vella fortaleza de Oca no pazo que é hoxe. Segundo a orixe mítica da familia, os Neira descenderían de Darío, gran cazador e fillo da propia raíña Lupa.

IMG_20171027_113945

PONTEVEDRA
Conta a lenda que a cidade de Pontevedra foi fundada por Teucro, un dos heroes da guerra de Troya, ao igual que Eneas, de quen se di que descenden Rómulo e Remo, os míticos xemelgos fundadores de Roma. Segundo a mitoloxía clásica, estes xemelgos foron aleitados por unha loba aínda que xa no século I Tito Livio quixo aclarar que non se trataba dunha loba, senón dunha muller cuxo nome de solteira era Lupa. Velái as resonancias fundacionais que tamén atopamos no mito da raíña Lupa.

Captura de pantalla 2017-12-11 a las 17.17.08